Publicado por : Adycto 12 de outubro de 2006




Hoxe non teño un día especialmente bo. Teño un deses días que eu chamo de "choiva na cabeza" e que soen aparecer logo dunha noite tan longa como a de onte en Compostela. De tódolos xeitos cando, a horas realmente inapropiadas, leín os xornais de hoxe atopeime cunha nova que non poido deixar de comentar. Resulta que a nova unidade militar de loita contra as catástrofes, anunciada por Zapatero en Galiza durante a vaga de lumes que arrasou o noso país o pasado mes de agosto, vai ter a súa base en León. A nova unidade militar, que conta xa con 343 soldados e que en 2008 contará con máis de 4.300, estará por tanto a preto de 300 quilómetros dos lugares onde, este verán, rexistráronse os incendios máis importantes na nosa terra. Sei que a decisión de crear esta nova unidade militar, que non só se ocupará da loita contra o lume, aprobouse en outubro do pasado ano pero paréceme unha insensatez tratar de protexer os montes cunha unidade de intervención que está a máis de 300 quilómetros de onde os galegos o necesitamos. Ben sei que España é grande e que incendios hai en todos os lados pero, se repasamos as estatísticas de superficie queimada nos últimos dez anos, podemos observar que as zonas máis castigadas polos lumes están o suficentemente lonxe desta base como para que esta unidade chegue tarde cando se precise dela.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -