Publicado por : Adycto 9 de outubro de 2006


A volta á actividade de Xornalaberto vai a estar marcada por un par de novas vencelladas coa II República Española. Na xornada de hoxe, o Congreso dos Deputados acolleu un acto de homehaxe aos brigadistas internacionais que loitaron na guerra civil española. A iniciativa, proposta por IU, contou coa presencia, como non, de Pilar Bardem que presidiu o acto de homenaxe.

A outra nova vencellada coa II República é moito máis desagradable. O pasado mércores, o historiador Stanley Payne descalificou, nun acto público celebrado na celebérrima Universidade de George Town (lugar de despotrique habitual do ex-presidente Aznar), á República ata o punto de aconsellar un manicomio a quen defenda hoxe un cambio de réxime en España. O triste do asunto é que o embaixador español en Whasington e o marido de Letizia Ortiz estaban presentes no acto e non fixeron ningún comenatio ao respecto.

Por este motivo, IU rexistrou un escrito no Congreso no que pide explicacións á Casa Real e ao Goberno por non rebatir ao historiador Stanley Payne e no que IU se pregunta, entre outras cousas, se a Casa Real coñecía de antemán o discurso que ía pronunciar o Sr.Panley ou por qué non houbo reaccións da Casa Real sobre o asunto.

As palabras concretas pronunciadas por Panley foron: "A experiencia republicana ten sido desastrosa, pois a primeira colapsou ao país e a segunda o dividíu nunha guerra civil. Se con esa experiencia alguén cree que a República pode ser neste momento unha solución para España, merece estar apartado nun manicomio". Impresionante. O escrito presentado por IU o podedes atopar premendo no link.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -