Publicado por : Adycto
30 de outubro de 2006
Cando chega o cambio horario sempre me fago dúas preguntas: ¿Aforramos en Galiza co cambio horario? e ¿por qué Galiza ten a mesma hora que Cataluña e non que Portugal? Desde 1974, España convive con dous horarios: o de verán e o de inverno. Coincidindo coa crisis do petróleo, a maior parte dos países industrializados plantexaron a necesidade de sacar maior partido á luz natural como medida de aforro enerxético pero ¿canto aforramos realmente?.
Segundo os estudos realizados polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) o cambio horario en Galiza só permite aforrar un 1% do consumo eléctrico no sector servicios e no doméstico, o cal é moito menos do que aforran outras comunidade como a catalana. Ademais, o aforro polo cambio horario dilúese na práctica pola imparable escalada do consumo eléctrico ano tras ano. Expertos na materia recoñecen que é moi difícil comprobar o aforro e que, por outra parte, nos últimos anos se están incorporando aos fogares moitos aparatos dos denominados de consumo oculto como os ordeadores, todos os accionados con mando a distancia ou o mismo TDT que, sumados, elevan moito o consumo eléctrico global.
Ademais disto, está a pregunta de se é necesario que Galiza se sitúe na mesma hora que Portugal ou Canarias. Sei que o cambio horario para Galiza traería grandes inconvientes de operatividade, en especial para transportes, mercados e telecomunicacións pero iso mesmo lle pasa a Canarias e van sobrevivindo. Ademais, o que realmente non ten sentido é que nós teñamos a mesma hora que en Cataluña e distinta da de Portugal xa que, que eu saiba, a hora establécese en relación aos meridianos e non só pola pertenza a un estado. Non sei, de feito, se haberá moitos sitios no mundo nos que dúas zonas como Cataluña e Galiza teñan a mesma hora a pesares de estar separados por máis de 1.000 qm en liña recta. A pregunta ademais é ¿por qué ninguén fala desto no parlamento? ¿por qué dende a Xunta nunca falan deste tema?
debería estar incluído o cambio horario no novo estatuto
Estou dacordo en que tiña que figurar no novo Estatuto pero xa sabemos quen se ía opoñer..
Incluso máis que mirar para Portugal poderíamos botar unha ollada ao Reino Unido. Practicamente está situado na mesma lonxitude que o Estado español e algo máis oriental que a Galiza e ten unha hora menos.
De facto, todo o estado español tiña a mesma hora que Portugal, Reino Unido e Canarias. A idea de usar a hora continental non chegou ate a ditadura se non estou mal informado e así todos levamos a hora do Levante en lugar da hora do fuso atlántico.
Galiza deveria ter dois usos horários un ocidental (das Cies a Viana do Bolo) e outr oriental (de Viana do Bolo a Ponferrada), moeda propria a libra breogantina, 315 normativas lingüísticas (uma por concelho mas dúas para o concelho da Corunha), alfabeto proprio o Campolameirés, e tres relixións oficiais (uma atea, uma prática e outra espiritualista) e tantos estatutos de autonomia como cidadáns galegos cadaquen faría o seu.
Ofrezo-me por 70.000 Euros (tambén aceito en dolares) brutos o ano para gerar ideias e implementar modelos.
Estou a fasser un estudo sobre os contidos imperialistas, machistas e centralistas nos sistemas de medidas empregados actualmente. O sistema métrico decimal é un dos piores. Baseado no machista, patrialcal centímetro midepirolas esta estragando a nossa cultura de medidas nacionais.No novo estatuto estaria ben criar un novo sistemas de medidas.
Non o Sistema Metrico Decimal
Consulta Popular xaa!!!!.
Gostariame que aconselleria de cultura se puxera en contacto conmigo para a publicación da miña obra.
O certo é que España tiñan que ter a mesma hora que o Reino Unido se utilizamo-lo argumento dos meridianos. É unha parvada ter hora continental se estamos na punta de Europa. Entón se Galicia tiña que ter unha hora menos que Cataluña estaríamos a falar de dúas horas menos das que temos agora se usamo-los dous argumentos.
Unha parvada o da hora galega.