Hoxe, o senador, presidente fundador do PP nacional, e presidente da Xunta de Galiza durante 16 anos, Manuel Fraga Iribarne, que inaugurou hoxe o curso 2006-2007 da Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade de Granada (UGR) coa ponencia 'España y su futuro', tivo que interromper a súa intervención na Aula Magna debido aos abucheos duns 50 alumnos, que o calificaron de "asasino" e "falanxista", obligándolle a retomar a súa ponencia no Salón de Graos do edificio, xa con aforo limitado e 30 minutos máis tarde. A información, á que Xornalaberto tivo acceso a través da axencia EFE, demostra, unha vez máis, que un non pode escapar do seu pasado así como así e que as pantasmas que hai na vida do ex-presidente da Xunta non o deixarán descansar ata a fin dos seus días.
A pesares de que o vicerrector de Relacións Institucionais e Internacionais, Manuel Díaz Carrillo, e a decana da Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía, Margarita Latiesa, instaron ao sector do público que encabezou a protesta gardar silencio, os xóvenes incrementaron o ton da súa protesta, entonando o 'Non pasarán' e facendo referencia aos diversos cargos desempeñados durante o franquismo por Fraga.
Ante esta situación e, xusto ao inicio da súa intervención, Fraga afirmou que "se hay algo que nunca fixen é asesinar a nadie" e, minutos máis tarde, varios axentes da Policía Nacional desaloxaron a varios alumnos.
unha vergoña que a un ex presidente galego o zarandeen dese xeito pola peninsula adiante... JA JA JA JA.... Manoliño: chama agora ós antidisturbios!!!
fdo: manolito.
unha vergoña que a un ex presidente galego o zarandeen dese xeito pola peninsula adiante... JA JA JA JA.... Manoliño: chama agora ós antidisturbios!!!
fdo: manolito.
O que a mín non me parece nada ven é o cambio que están a da-los mozos deste puto pais. Pese a quen pese estamos nunha democrácia e o de reventar actos políticos e conferencias vai en contra do dereito a libre expresión, que tanto nos custou gañar.
Lembradevos dos que quixeron reventa-la conferencia de Carrillo? que vos pareceu? pois a min mal igual, o mesmiño que pasou con Fraga.
LIBERDADE DE EXPRESIÓN! Se non che gusta non o escoites pero deixa os que sí queren.