Publicado por : Adycto 19 de setembro de 2006


Aínda que para moitos a decisión tomada esta mañá por Rodríguez Ibarra de non presentarse ás eleccións autonómicas de 2007 en Extremadura pode ser unha simple cuestión de saúde ou de gañas, para os que facemos Xornalaberto, esto non é máis que un paso adiante na "Operación Limpeza" que Zapatero está a facer no Partido Socialista Obrero Español. Tras a marcha de Bono o pasado mes de abril para "atender a súa familia", a decisión de Maragall de non presentarse ás próximas autonómicas e a marcha de Vázquez á embaixada española no Vaticano, a renuncia de Ibarra non pode ser interpretada como un feito illado, senón máis ben como unha purga interna do PSOE.

A medida posta en marcha por Zapatero (quen o ía dicir cando chegou a presidente) é unha mostra máis do poder acadado por el mismo e por Blanco dentro da estructura do PSOE. Outra cousa é que esta medida sexa acertada xa que, vendo o número de votos acadados polos catro baróns mencionados nos últimos comicios aos que acudiron, e a influencia que teñen no electorado do PSOE as súas opinións, a decisión de apartalos da vida pública é, cando menos, cuestionable. Espero que Zapatero e Blanco sepan o que fan....

O presidente da Xunta de Extremadura, Juan Carlos Rodríguez Ibarra, anunciou hoxe que non se presentará á reelección nos comicios autonómicos de maio de 2007. "Todo ten un límite e esta etapa mía chegou ao seu fin", dixo Rodríguez Ibarra. O actual conselleiro de Sanidade, Guillermo Fernández Vara, perfílase como o vindeiro candidato socialista ao Goberno extremeño.

Rodríguez Ibarra fixo pública a súa decisión nunha rolda de prensa na sede rexional do PSOE en Mérida, despois de comunicarlla onte a Zapatero, nunha comida no Palacio da Moncloa. Segundo Ibarra, que regresará á vida privada para retomar o seu posto de profesor titular de Filosofía e Letras tras 24 anos como presidente da Xunta de Extremadura, Rodríguez Zapatero aceptou a súa renuncia con agradecimento polo servicio prestado a España, a Extremadura e ao PSOE.

One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    totalmente de acordo.....

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -