Publicado por : Adycto 18 de setembro de 2006


O PPdG leva moito tempo sen unha páxina web minimamente seria. Ademáis, despois de moito pensar, alguén no PPdG decidíu que a espera se podería solucionar cun blog que, de xeito provisional, informara aos visitantes das cousas que os populares galegos estaban a facer, namentres non se remataba a construcción da páxina web. Os meses pasaron (van 3) e o blog segue pedíndonos desculpas e anunciándonos que se está a traballar en mellorar a web.

Non é que sexa un experto en informática pero ¿cánto se tarda en mellorar unha web?. ¿A está facendo alguén nos seus ratos libres ou a está montando unha empresa seria e decente?. Se é así, que me digan o nome da mesma para non encargarlle nunca a realización dunha web.

Por outra banda, quero dicirlle a quen corresponda que o "blog provisional" que teñen colgado é absurdo. As notas de prensa que o PPdG difunde aos medios cólganse directamente no blog sen redacción previa, ademais, non hai entradillas nas mesmas, cólganse enteiras e sen posibilidade de leer só a entradilla. Pero non é só iso, no blog do PPdG non hai fotos en ningunha información, as novas non se colgan con rapidez, non hai opción de deixar comentarios nas novas, non se cuida nada o deseño e non se facilitan a comunicación entre os visitantes e os responsables do blog (comentarios, categorías, etc). Espero que ninguén estea cobrando por facer isto. Ademais, os responsables do PPdG só teñen que dar unha volta por algúns dos blogs "populares" que hai na blogosfera ou, en xeral, calquera dos moitos blogs que en Galiza hai. As diferencias son abismáis ata cos blogs menos coidados, por non comparalo cos outros espacios en internet dos principais partidos galegos como
PSdG-PSOE ou BNG.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -