- Atrás »
- Caixon desastre , Curiosidades , curioso , política »
- A NOVA ORDENANZA "CÍVICA" DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Publicado por : Adycto
19 de setembro de 2006
Con esta nova Ordenanza, queda prohibido o consumo de bebidas (supoño que alcohólicas) na vía pública, así como a venda para o consumo da rúa. O voceiro do grupo de goberno, Francisco Candela, apuntou que se trata de facer fronte "ao deterioro da calidade de vida dos cidadáns producida por este fenómeno, en consonancia coa norma estatal de Sanidade que prohibirá este tipo de prácticas". Especialmente, preténdese atallar esta práctica cando o consumo poida facerse de forma masiva por grupos de cidadáns ou fomente a aglomeración destes, e cando poida deteriorar a tranquilidade do entorno ou provocar situación de insalubridade. Este tipo de condutas estarán sancionadas con multas de 100 a 750 euros, en función das molestias producidas e do espazo en que se realicen. A miña pregunta é, ¿con esta norma podo tomar unha cervexa sentado na Quintana?....senón é así, empézome a preocupar.
Tamén queda prohibido facer necesidades fisiolóxicas en calquera espazo público, especialmente cando teña lugar en lugares de con presenza de persoas ou en monumentos ou edificios ou espazos protexidos. As sancións nestes supostos irán neste caso dos 100 aos 750 euros. A miña pregunta é ¿hai algún urinario público en Santiago de Compostela en condicións minimamente dignas?
lo que van a conseguir con esto es que los pisos de estudiantes se llenen de fiestas...quejas d elos vecinos, etc, et.... hay determinados sitios donde el botellon, si la gente fuese más limpia, no molestaría
Pois mira a min parece-me ben proibir o Botellón. Moitas veces ao ir traballar os venres vexo as desfeitas da "mocidade" en Santiago: todo tipo de cousas tiradas, mobiliario urbano estragado, botellas rotas por calquer lugar...
Creo que se queredes alcool, tedes que pagá-lo, e sen molestar a ninguén, e se queredes mexar de monte moi ben, pero nunha cidade iso parece pouco apropriado...
Senón ide a Madrid e mexade na praza de Colón! xa está ben de converter Compostela nunha esterqueira.
UN COMPOSTELÁN