Publicado por : Adycto
20 de setembro de 2006
Máis de tres mil gandeiros galegos, segundo aseguraban fontes das organización convovantes ás principais axencias informativas, participaron hoxe na manifestación contra o Plan de Reestructuración Láctea, que se celebrou en A Coruña, convocada polos tres sindicatos, Unións Agrarias (UU.AA), Sindicato Labrego Galego (SLG) e por Xóvenes Agricultores (XX.AA) e que tamén contaron coa participación da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA), de responsables sindicais galegos e de representantes de todos os partidos galegos entre os que destacaron o Coordinador Executivo do BNG, Francisco Jorquera, e o deputado Popular e candidato á alcaldía de A Coruña nos próximos comicios locais, Carlos Negreira. Ata o Goberno da Xunta, a través do seu presidente, Emilio Pérez Toriño, declarou que "defende que se cambie o borrador para que se prime ás pequenas e medianas explotacións na distribución da conta abandonada". O Goberno galego reclama que se "establezan en todo o territorio os mesmos requisitos para o acceso á cota dispoñible por abandono".
O que non conseguíu a vaga de lumes forestais que vivimos en agosto ou a catátrofe do Prestiege, hai uns anos, o conseguiu o borrador do Plan de Reestrucuración Láctea promovido polo actual goberno de España. Moi mal ten que ser ese Plan para que todos se poñan de acordo. Ver para creeer.
Os sindicatos consideran o plan especialmente lesivo, sobre todo pola territorialización da cuota que supón a compra ou venda do 80% do total do producto en cada comunidade autónoma, co que queda só 0 20% para a reserva nacional.
Segundo Agaca, no 2005, o Ministerio de Agricultura aprobou un Plan Lácteo destinado a potenciar as explotacións leiteiras pequenas e medianas que desexasen continuar coa actividade, trataba de eliminar a especulación nos prezos, equiparaba os criterios de reparto e acceso á cota e trataba, entre outros obxectivos, de adaptar o sector ás esixencias europeas. Os resultados da aplicación foron considerados moi positivos.
Agaca se pregunta ¿Por que agora, cando se dicía que pretendía ser un Plan que continuase no tempo e achegase estabilidade ao sector, hai que cambiar de novo?. O sector lácteo precisa, demanda, un Plan que vele polos intereses dos gandeiros, pola competitividade nos mercados e por un equilibrio nas decisións que transmita estabilidade e permita desenvolver plans de viabilidade amparados na seguridade do que vai acontecer o ano vindeiro.
Publicar un comentario