Publicado por : Adycto
20 de setembro de 2006
Segundo recolle a axencia de noticias EuropaPress, o presidente de Venezuela, Hugo Chávez, calificou hoxe ao presidente do USA de "demo", durante o 61 plenario da Asamblea Xeneral da Organización das Nacións Unidas. O discurso de Chávez no plenario da ONU non tivo desperdicio xa que, entre outras lindezas, afirmou que "o demo está na casa, onte veu o demo aquí, onte estivo o demo neste mesmo lugar e todavía cheira a azufre".
Chávez, que criticou a Bush pola súa defensa do imperialismo e acusouno de apoiar o terrorismo baseándose nun doble raseiro para xulgar, despachouse co líder norteamericano. Así, Chávez afirmou que "onte, desde esta mesma tribuna, o señor presidente de EEUU, a quen eu chamo o demo, veu aquí falando como o dono do mundo; un psiquiatra non estaría de máis para analizar o discurso de onte, como voceiro do imperialismo veu a dar as súas recetas para tratar de manter o actual esquema de dominación e saqueo, para unha película de Hitchcock estaría boa titularla 'A receta do demo'", recomendou Chávez.
O presidente venezolano teatralizou no inicio do seu discurso recomendando o libro de Noam Chomsky 'Hexemonía ou supervivencia', asegurando que "é excelente para entender o que hoxe pasa no mundo e a amenaza que se cerne sobre o planeta, a pretensión hexemónica do imperialismo norteamericano que pon en risco a supervivencia do planeta"
Publicar un comentario