Publicado por : Adycto 25 de setembro de 2006


Dando mostra, unha vez máis, da modernidade da que a Casa Real fai gala nos últimos tempos, esta institución, a través do seu departamento de prensa, comunicoulle hoxe pola tarde aos xornalistas, a través dunha mensaxe ao móvil, que Letizia e Felipe ían ser pais de novo. Na páxina web da Casa Real hai un breve comunicado colgado que dí o seguinte:"Sus Altezas Reales los Príncipes de Asturias tienen la gran alegría de anunciar que esperan el nacimiento de su segundo hijo para principios del próximo mes de mayo.Sus Majestades los Reyes desean con este motivo sumarse a la gran alegría de este feliz anuncio.Palacio de La Zarzuela, a 25 de septiembre de 2006". ¡E todos tan felices!.

Segundo o meu xeito de ver as cousas, o anunciou desta nova tradúcese en "unha boca máis a papar". Cando, alá polo ano 1978, a constitución estableceu no seu artículo 1, apartado 3 que "a forma política do Estado español é a Monarquía parlamentaria" poucos imaxinaban que íamos ter que darlle de comer a tanta xente.

Nese momento, a Casa Real estaba composta por Juan Carlos, Sofía, Felipe, Cristina y Elena. Agora, a Casa Real está composta polos "5 magníficos" máis os seus cativos: Froilán e Federica; Juan, Pablo, Miguel e Irene; Leonor e "como se chame". Ademais, están Marichalar, Urdangarín e Letizia, en total 16. Por tanto, en 30 anos a Familia Real (propiamente dita) aumentou de 5 a 16. Se seguen a parir deste xeito, dentro de 30 anos, serán preto de 100 e iso non hai cartos que o manteña.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -