Publicado por : Adycto 25 de setembro de 2006



Onte domingo, o xornal coruñés A Opinión ofrecía un artigo, asinado por X.A. Taboada, no que explicaba cál é a situación das preto de 80.000 toneladas de fuel recollidas do mar e das praias, durante a catástrofe do Prestiege, hai preto xa de catro anos. Segundo se nos conta no artigo, das 80.000 toneladas, as 60.000 máis contaminantes se atopan nas instalacións de Sogarisa, empresa pública destinada ao tratamento de residuos tóxicos e perigosos afincada en As Somozas (A Coruña), mentres que as restantes 20.000 se atopan no depósito de A Areousa, en Cerceda. Son os residuos menos contaminantes porque a proporción de area e de auga é moito maior que a de hidrocarburos.

O triste de todo isto é que, os residuos que están en Sogarisa (os maiores e máis perigosos) todavía, CATRO ANOS DESPOIS, non comezaron a ser tratados.A excusa esgrimida é que, para el procesado de fuel, Sogarisa ía a construír unha pranta específica, pero foi entonces, o pasado ano, cando a Administración galega deuse de conta de que os terreos onde se ía a ubicar a nova pranta non eran públicos, como se creía, senón privados.


Esto deu orixe a un retraso no proceso de tratamento do fuel debido á necesidade de iniciar a expropiación duns terreos imprescindibles. A negociación entre a Xunta e os propietarios non deu resultado pola vía amistosa e agora se está á espera de que o Tribunal de Expropiacións dicte o xustiprezo. A Consellería de Medio Ambiente non se atreve, de momento, a por data ao peche do expediente de expropiación nin, menos aún, ao inicio do proceso de tratamento do fuel, que acumula demora tras demora. A min non me importa cál é a causa do retraso, me importa que, catro anos depois do afundimento do Prestige, as 80.000 toneladas de merda que tirou sobre o noso país estén todavía sen tratar...

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -