Publicado por : Adycto 26 de setembro de 2006


Cada certo tempo lemos nos xornais que "un estudio feito en EEUU demostra que os norteamericanos non saben colocar no mapa...". Hoxe mesmo, a axencia de noticias Europapress afirma que, segundo un artigo publicado no Whasington Post, a maioría en EEUU non sabe onde están Irak, Afganistán ou Ohio. Estados Unidos leva cinco anos de guerra en Afganistán e tres e medio en Irak, pero unha grande maioría dos estadounidenses non pode ubicar nun mapa onde quedan eses países.

A falta de coñecemento xeográfico dos estadounidenses, segundo o xornal, non se limita a terras lonxanas, xa que os consultados para esta enquisa mostraron dificultades para ubicar no mapa os estados de Ohio o Nova Yorke. Cando chegan estas novas, todos tendemos a dicir que os americanos son uns incultos, que sonche ben parvos, etc...pero ¿cánto sabemos nos de xeografía?.

Nada mellor que un exercicio práctico para ver cómo estamos de xeografía e se podemos (ou non) reirnos a gusto dos americanos. Por exemplo, dentro da península ibérica, ¿ónde situaríades Ciudad Real, Cuenca ou Xaén?...non digades que o sabedes sen máis e situalas no mapa mudo que se adxunta. ¿Son tan "burros" os norteamericanos?

2 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    buffff, moito teño que estudar de xeografía.....

  2. Anónimo dí:

    eu souben colocar xaén pero o resto nin papa

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -