- Atrás »
- OS CABALOS DE ROCA
Publicado por : Adycto
21 de setembro de 2006
En vista de que o "Jordon" pasou por Galiza sen causar os devastadores efectos que nos anunciaban, aínda que caeron árbores e cortouse a luz en bastantes fogares, hoxe non tiña tema do que falar ata que, dando unha volta pola páxina web da axencia EFE atopei unha nova, cando menos, sorprendente. Sucede que, no pasado mes de marzo, interviñéronsexe xudicialmente a Roca (o de Marbella) 103 cabalos de pura raza valorados en máis de tres millóns de euros, na súa finca "La Caridad" , situada no núcleo de poboación marbellí de San Pedro de Alcántara. Pois ben, tres dos animais faleceron e unha docena deles se atopa nun estado "lamentable" e ofrecen unha imaxe sobcoxedora (como se pode apreciar na foto que acompaña a esta nova). Xa non é polos cartos que se tiran, que é unha pena, senón pola brutalidade que se está a cometer contra eses animais que non teñen culpa de nada.
O xuíz instructor do "caso Malaya", Miguel Angel Torres, intervíu a finca en marzo pero, non nombrou ao administrador xudicial ata pasados máis de tres meses, e, segundo confirmaron a EFE fonte próximas á sociedade propietaria da finca "sen tener en consideración que a intervención era nunha sociedade que tiña animais vivos e non seres inertes".
A sección sindical CSI-CSIF do Concello de Marbella pedira á xestora que goberna a cudade ata as vindeiras eleccións municipais de 2007 que os 103 cabalos pura sangre foran cedidos á Policía Local.
Publicar un comentario