Publicado por : Adycto 22 de setembro de 2006


Hoxe, tra-la rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, a vicepresidenta do Gobrerno, María Teresa Fernández de la Vega, anunciou o novo modelo de financiación que o Goberno ten previsto para a Igrexa. Se por min fora, as medidas que apricaría serían máis próximas as que, no seu tempo, propuxera Mendizábal pero, como comezo, non está mal. O obxectivo destas medidas non é outro que lograr que, nun momento dado, a Igrexa se financia a si mesma e non como agora.¿Algún día realmente a Igrexa se emancipará do Estado?

As medidas anunciadas hoxe por De la Vega foron, fundamentalmente catro:

- En primeiro lugar, o novo modelo previsto suprime a dotación directa que o Estado concédelle cada ano á Igrexa.

- En segundo lugar, a Igrexa verá aumentada (para compesar á supresión da dotación directa) a asignación do IRPF que percibe que pasará do 0,52% actual ao 0,7%. Esto é para os que marcan a celdiña de axuda á Igrexa na declaración da renda.

- En terceiro lugar e, tal como solicitara a Unión Europea, a Igrexa estará suxeita ao pago do IVE na adquisición de bens e inmobles.

- Por último, a Igrexa terá que presentarlle ao Goberno anualmente unha memoria económica na que xustifique o gasto da asignación procedente do IRPF.

Estas catro medidas anunciadas hoxe pola vicepresidenta do Goberno so teñen unha cousa que me mosquea, a Conferencia Episcopal anunciou hoxe, a través dunha nota de prensa, o acordo acadado co Goberno e non criticaban as medidas adoptadas polo executivo. Algo cheira mal.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -