Publicado por : Adycto 5 de setembro de 2006


Cando empezei a darlle voltas a idea de Xornalaberto, non tiña nin idea de cómo ía facelo. Descoñecía qué era o html, como crear links, como poñer fotos no blog, como cambiar o deseño do mesmo,...Agora non é que saiba moito máis pero, a verdade, pouco a pouco vou conseguindo que o blog se pareza máis o que eu quero.

Ademáis, como son moi inconstante, tampouco sabía se o proxecto Xornalaberto sería "flor dun día" ou se sería capaz de levalo para adiante. A día de hoxe, despois de escribir o post 101, creo que as cousas van mellorando e, nalgún momento, Xornalaberto poderá ser ese sitio independente de información e de visión crítica das novas publicadas nos medios de comunicación, que desexamos que sexa.

Para celebrar este post, nada mellor que un novo complemento para Xornalaberto: Categorías. A partir de agora, poderedes consultar todos os post publicados neste blog, atendendo ao tema que tratan.
Prometo non voltar a facer ningún post como este ata chegar a nova 1000 de Xornalaberto.

One Response so far.

  1. Parabens, ten un grande mérito e oxalá eu tamén poida superar algún día o post número 100.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -