Publicado por : Adycto 6 de setembro de 2006


Despois de que o presidente da Xunta e o lider da oposición falasen no Parlamento sobre a crise dos lumes, unha pregunta queda no aire: ¿neste país non demite nunca ninguén?.Moitos me diredes que non vedes a necesidade de que se produza ningunha demisión xa que, durante a crise dos lumes, os nosos gobernantes actuaron o mellor que podían, dadas as circunstancias. Eu simplemente vos lembro que voltedes a cabeza atrás e sexades coherentes.

A verdade é que non hai motivos máis para pedir demisisóns. En primeiro lugar, NON se queimaron preto de 80.000 hectáreas do noso monte, en segundo, NON morreron catro persoas por causa da vaga de lumes, e, en terceiro lugar, os galegos NON andivemos, durante boa parte deses tristes días de agosto, como nenos sen pais (sen saber a quén acudir).

Ademais, lémbrovos que, a día de hoxe, o goberno de Zapatero XA pedíu as axudas urxentes por danos pero, como onte dixo o señor Touriño, que os populares se vaian olvidando de demisións. Desde logo, os galegos pedimos demisións por calquera tontería. ¿Qué culpa terán os nosos gobernantes de que haxa lumes?, ¿qué culpa terán eles de que unha industria química verca nun río? ¡¡ nin que eles fosen os encargados de vixiar e controlar a estas industrias¡¡¡.

En resumo, triste espectáculo no Parlamento cun presidente do goberno recoñecendo fallos de xestión na crise pero negando calquera tipo de demisión ou cese. Debe de ser un "dellaví" deses (ou como carallo se diga) pero a mín sóame que, os mesmos persoeiros en distintas posicións no Parlamento pediron, non hai moito, que os que entón gobernaban demitisen por non saber afrontar con decisión os imprevistos e sumir ao país no caos. Malditas hemerotecas.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -