- Atrás »
- Culturnet , Curiosidades , curioso »
- ALUGA UN CURA.COM
Publicado por : Adycto
4 de setembro de 2006

A páxina xa nos anuncia, na súa cabeceira, os servizos que podemos atopar nela: "reciba cristianos sacramentos de sacerdotes católicos casados". Os servizos de vodas hai que pagalos pero, parece ser, que ofertan de balde outros servizos como extremauncións, bautizos e funerais. O problema é que, en Galiza, non podemos contar cos seus servizos xa que, polo de agora, só "traballan" en Canadá, India, Malta, Alemaña, Porto Rico, Estados Unidos e PORTUGAL. Para os que non atopen cura para celebrar a súa voda o de ir a Portugal pode ser unha opción....Visitade a páxina e pasarédelo moi ben, teñen unhas páxinas amarelas propias chamadas "God´s yelow pages", un número de teléfono para facer donacións e moitas cousas máis. Intenet pode ser tamén a solución para o problema da falta de vocacións dos sacerdotes, se non tes o cura que precisas podes alugalo.
Publicar un comentario