Publicado por : Adycto
6 de setembro de 2006
De momento non deixa de ser máis que un rumor pero, segundo me contan os espías infiltrados por Xornalaberto na dirección do PPdG, parece ser que o partido de Alberto Nuñez Feijoo ten previsto convocar, para o vindeiro día 17 de setembro en Santiago de Compostela, unha movilización na que protestarán, en principio, pola actitude do goberno galego ante a crise dos lumes vivida por Galiza, así como polos atropelos sofridos polos seus militantes durante o ano de goberno do bipartito.
Parece ser que o 17 de setembro era a data escollida pola dirección do PPdG para celebrar a súa decimo terceira Romaría Popular (de novo no Monte do Gozo). Este encontro, primeiro que o PPdG organizaría dende a oposición, serviría para que Alberto Nuñez Feijoo se presentase ante a militancia como o candidato do PP para recuperar a Xunta. Sen embargo, desde a dirección do PPdG, decidiuse (o eso parece) que nada mellor que unha boa manifestación para iniciar un novo curso político en Galiza que, despois da crise dos lumes e do verquido do Umia, parece que vai a comezar calentito.
Como digo, esta información todavía non está confirmada pola dirección do PPdG pero os meus informadores asegúranme que a fonte é boa. Alédome moito de que o PPdG, tras 1 ano de parálise, empece a facer oposición dunha vez en Galiza (que é moi necesario) e tamén me aledo, de confirmarse a nova, de que se incorporen ás protestas nas rúas. Os que protestan na rúa ¿deixarán agora de ser pancartistas?.
ogallá sexa certo porque eu pagaba por ver unha manifestación dos do pp....xa non se deben acordar