Publicado por : Adycto 11 de setembro de 2006

O galego Xosé Blanco, secretario xeral de organización do PSOE, meteu hoxe (de novo) a pata e, nunha entrevista publicada hoxe polo xornal oficial EL PAIS, afirmou, referindose a España, que "o mercado laboral non pode absorber máis sin papeis". Esta mesma tarde, o secretario xeral de Emprego, Valeriano Gómez, afirmou que o mercado de traballo español "seguirá necesitando durante moito tempo o concurso da poboación inmigrante".Gómez recoñeceu que nin España nin as economías europeas poden prescindir hoxe do traballador inmigrante .

Por outra banda, o presidente da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE), José María Cuevas, considerou arriscado decir que o mercado de traballo en España non poda absorber máis inmigrantes e criticou que Blanco faga este tipo de declaracións.

Non teño aínda coñecemento da reacción do PP a este nova pero, coñecendo o xeito de facer oposición deste partido, supoño que pedirán a demisión de Blanco. En todo caso, Blanco merece unha boa reprimenda, sexa do seu partido, da oposición ou da cidadanía en xeral. Para completar a nova un pequeno salto no tempo: Blanco anunciando a victoria do PSOE nas pasadas eleccións xerais.


Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -