Publicado por : Adycto 13 de setembro de 2006


A crise producida polo Informe Faraldo nas filas populares galegas aínda está lonxe de acadar a súa máxima magnitude. Moitos van a ser os cadáveres que este panfleto "irresponsable e saboteador", como o calificou o portavoz parlamentario socialista Ismael Rego, deixe no camiño e moitos van a ser os coitelos que voen, dun e doutro lado, buscando ferir aos enemigos. Entre as moitas declaracións feitas voume quedar con esta: Alfonso Rueda, xecretario xeral do PPdG "os populares galegos non teñen nada que ocultar e reitera que quere una Comisión de investigación no Parlamento de Galicia". Tampouco está mal a de Zaplana "O Goberno (galego) ten toda a culpa do sucedido", que manda carallo.

CADÁVERES

Canto os cadáveres, como non podía ser doutro xeito, quedará no camiño o de Mari Faraldo que, no mellor dos casos, é parva de remate. Digo esto porque dubido moito de que o citado manuscrito saíra dunha pluma tan pouco acostumado ao traballo como a dela e, entón, o que habería que recomendarlle a esta nova cabeza de turco popular, e que lea as cousas antes de asinalas. Nen un neno de catro anos asinaría un documento como este despois de leelo.

Pero o reguerio de cadáveres non rematará aquí. Se o documento, como todo parece indicar, partiu das máis altas esferas do PPdG é evidente que, non inmediatamente pero sí en breve plazo de tempo, algunhas das cabezas pensantes caerán. Alfonso Rueda, actual secretario xeral do partido en Galiza, será unha delas, pero non a única. Haberá que estar atento aos movementos.

MADRID

Como non podía ser doutro xeito, a polémica suscitada polo Informe Faraldo, chegou a Madrid. Nun momento no que o goberno de Zapatero estaba encaixando críticas de tódolos frentes no tema da inmigración en Canarias, os populares galegos déronlle a Pepe Blanco as armas arroxadizas necesarias para desviar a atención. Deste xeito, Zaplana tivo que sair ao paso das imputacións de Blanco, nas que afirmaba que o PP urdíu unha trama para reducir a eficacia na loita contra o lume, ao enviar o polémico documento aos seus alcaldes en A Coruña para que retrasaran os convenios coa Xunta para contratar brigadas forestais.

Zaplana considerou absolutamente correcta a actuación do partido en Galiza e asegurou que este documento dirixido aos rexedores tenía como finalidade que tiveran toda a documentación ao seu alcalde e non fosen enganados. Para Zaplana "o Goberno ten a absoluta responsabilidade do sucedido e, en vez de dar explicacións, dedícase a buscar probas mezquinas, tontas e absurdas".

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -