Publicado por : Adycto
24 de setembro de 2006
Segundo podemos leer na páxina web da cadena Ser, o diario francés L’Est Republicain publica hoxe unha información na que afirma que Bin Laden, o terrorista más buscado do mundo e presunto responsable intelectual dos atentados do 11-s e do 11-m, entre outros, podería ter morto de tifus. Este rotativo francés atribúe a información a un informe datado o pasado xoves por unha “fonte habitualmente fiable” para os servizos secretos de Arabia Saudí.
O xornal indica que Bin Laden se atopaba en Pakistán o pasado 23 de agosto cando un tifus lle causou a parálise parcial dos seus membros inferiores, enfermedade que non se puido tratar debido ao seu illamento xeográfico. Sempre segundo a versión do diario francés, os servizos secretos saudíes tratan de coñecer, dende o pasado 4 de septiembro o lugar exacto onde estaría enterrado Bin Laden, o home máis buscado do mundo, para poder anunciar a nova da súa morte.
Publicar un comentario