Publicado por : Adycto
23 de setembro de 2006
Hoxe é un día moi triste para Galiza. Despois de leer a nova publicada pola Voz de Galicia sobre o comportamento de diversos alcaldes durante a vaga de lumes que arrasou o noso país durante o mes de agosto, o sentimento de vergoña que se apodera de un é tan grande que dan gañas de non voltar a saber nada de política e, moito menos, dos políticos que gobernan o país. Segundo explica Domingos Sampedro no artigo (que podedes leer enteiro premendo no link anterior), un informe elaborado pola Consellería do Medio Rural sobre os problemas rexistrados nos concellos durante a vaga incendiaria fala de agresións, dexación de funcións e incumprimientos que afectan sobre todo ao PP, pero tamén aos demáis partidos. ¿Merece Galiza estes políticos?
O artigo especifica que, por exemplo, o alcalde de Avión, o popular Antonio Montero, foise de vacacións a Santander, deixando o vehículo pick-up «inoperativo por ter a chave gardada no concello». Avión foi un dos concellos máis afectados pola crise, con un lume desatado o 7 de agosto que no foi controlado ata o 15.
Pero non é un caso illado. Así, os alcaldes de Vilalba (PP), Ribeira (PP) e Vimianzo (PSOE) impediron aos grupos de intervención rápida, de carácter comarcal, actuar fora dos seus concellos, mentres no concello de Portas, gobernado polo popular Roberto Vázquez, «esconderon a motobomba dicindo que estaba nun incendio» que en realidade non existía. O alcalde de Petín, Miguel Bautista (PSOE) negouse a conveniar unha cuadrilla coa Xunta, porque «pedía como contrapartida» que se lle regalara unha camioneta pick-up . A xefa do distrito forestal V foi agredida en presencia do alcalde de Zas sen que nada pasara, en tanto ao rexedor de Crecente, Julio García (PP), se lle atribúen dous intentos de agresión aos membros de extinción. En Poio, do Bloque, sí dispoñían de convenio de motobomba, pero Medio Rural constata que estivo avariada ata a segunda semana de agosto.
De certo que non merecemos estes políticos. Nin uns nin outros.¿Quén actuou peor,os que non facilitaron os medios que tiñan (alcaldes do PP)ou os que o día antes de pedir axuda o goberno central,dicían que os lumes xa estaban controlados e que aínda non ardera moito monte, habendo máis de cen incendios(presidente da xunta)?
Esto recordoume ó dos hilillos de plastilina do Prestige.
¿A que non é doado xestionar unha catástrofe?