Publicado por : Adycto 18 de setembro de 2006

No día de onte, o PPdG fixo algo que, dende que teño dereito a voto, nunca lle vira facer: organizar unha manifestación e sair á rúa a protestar. Como non podía ser doutro xeito, a manifa estivo moi ben montada e foi un éxito de participación superando, con claridade, a organizada hai algunhas semanas pola plataforma Nunca Máis. Os autobuses chegaron a Santiago dende todos os concellos gobernados polo PP, cos seus alcaldes á cabeza, e os máximos representantes autonómicos e nacionais acudiron á cita. Mariano Rajoy, Aberto Núñez Feijoó, Alfonso Rueda, Xosé Luis Baltar ...todos estaban na manifestación. ¿Todos? Manuel Fraga, presidente da Xunta durante os últimos 16 anos e líder indiscutible do PPdG nestes tempo, non estaba na manifestación. ¿Alguén me pode dicir por qué?

O PPdG demostrou de novo a capacidade de movilización do seu electorado e, independentemente de situacións tan clamorosas como o Faraldazo da pasada semana, salíu á rúa para esixir demisións e pedir responsabilidades políticas. A verdade é que hai que ter moito "aplomo" para pedir responsabilidades políticas despois de terlle recomendado aos alcaldes do teu partido que "dilatasen" a sinatura dos convenios de colaboración coa Xunta de Galiza para a constitución das brigadas contraincendios. Por certo, ¿alguén sabe se a Faraldo acudíu á manifa?

O goberno galego, pola súa parte, criticou que o PPdG convocase esta manifestación como parte da estratexia nacional do PP de desgastar ao goberno e insistiu en que o PPdG tomase asento nas institucións para defender os seus intereses. Anxo Quintana, en concreto, asegurou que o Goberno galego tomará nota das demandas dos manifestantes e resaltou que el nunca dirá, como en su día fixeron dirixentes do PP, que os das manifestacións de Nunca Máis eran «cans que labraban rencor polas esquinas».

One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    FRAGA ESTÁ CRIONIZADO Y NO PUEDE ANDAR DE MANIFAS AUNQUE LA CALLE FUESE SUYA

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -