Publicado por : Adycto 14 de setembro de 2006


A cousa está que arde (nunca mellor dito) xa que, tras o Informe Faraldo, no que a dirección provincial do PP na Coruña alentaba aos concellos populares da provincia a "dilatar" a sinatura dos convenios para a constitución das brigadas contraicendios, os populares galegos, como conta hoxe Luis Villamor na Voz de Galicia, tamén alentaron estratexias para retrasar nos concellos a aprobación dos estatutos dun consorcio da Xunta, destinado a potenciar os servicios sociais co propio concurso dos concellos. A Faraldo é coma unha boneca rusa: sempre tén máis dentro.


O novo documento en cuestión, distribuído aos rexedores pola secretaria provincial de organización do PP coruñés, María Faraldo (esta muller non sabe estar "parada"), segundo parece non utiliza a verba "dilación" pero a liña de actuación que marca é moi semellante á utilizada no xa famoso Informe Faraldo. O documento, ao que Xornalaberto aínda non puido acceder, será "colgado" en breve neste post.


Esta nova misiva deixa bastante claro que a autoría dos escritos non é da "pobre" María Faraldo (simple boneca rusa), senón que esta é unha estratexia da directiva popular autonómica. Que, como dicía onte Feijoo, a dirección do partido non coñecese o Informe Faraldo é algo bastante difícil de creer pero, que outro documento escrito en términos semellantes sobre outro tema circule entre os rexidores populares de Coruña, fai que as explicacións de Feijoo sexan absurdas.


Señor Feijoo: asuma as súas responsabilidades nesta crise. Señora Faraldo: fíxese no que "escribe" e no que distribúe. Señor Juncal: cale un pouquiño que se lle ve o plumeiro.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -