Publicado por : Adycto 13 de setembro de 2006


Hoxe, sen tempo non foi, o candidato á presidencia da Xunta de Galiza, Alberto Nuñez Feijoo, deu por fin a cara co tema do "Informe Faraldo" e deixou clara a súa postura. Afirmou que non coñecía a redacción do documento, negou que o PP orquestrase ningunha "estratexia de dilación", negou que se fose a cesar aos responsables da misiva e apoiou o documento "con indepencia da redacción". Ademais, Feijoo recuncou no dito por Rueda onte e afirmou que o PPdG non ten nada que ocultar neste tema.

Dicir que o problema do polémico documento é a súa redacción (que por certo é infumable) e non ter vergoña. Calquera persoa que lea o famoso documento, sen intereses partidario, queda coa idea de que, o que recomenda a carta, é retrasar o funcionamento da Xunta. Ésa é a intención e non outra. Canto o de que Feijoo non coñecía esta carta habería bastante que discutir.

Antes de rematar, unha cousa máis, hai por ahí un rumor que corre coma o vento...Din que o da organización da manifestación do domingo en Santiago, en vez da Romaría do Monte do Gozo é máis unha necesidade económico-mediática que política. Os rumorosos din que non había nin cartos nin capacidade para encher o Monte do Gozo, como anos atrás (cando estaba o Fraga)....Seguiremos investigando.

2 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    ¿ a quén beneficia o lume na Galiza?.....Xa temos trama

  2. Eu si me creo que non coñecese a carta. Este home é case un recén chegado á Galiza e os da boina non lle contan nin a metade do que fan e dame que non se entera aínda de onde está. O PP está moi dividido e agora sen o grande capo vai ser moi malo de governar. Agora ben tamén hai que ter ben pouco sentido común e unhas bolas ben grandes para, unha vez coñecido o documento, apoiar esa carta.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -