Publicado por : Adycto
10 de setembro de 2006
Como ben anunciou Xornalaberto na súa edición do pasado mércores 6 de setembro (aínda que poucos creeron na veracidade da nova) o PPdG participará, o vindeiro 17 deste mes en Santiago de Compostela, nunha manifestación convocada pola Asociación 'SOS contra o Lume', para demandar que se investiguen as causas dos lumes. Na rolda de prensa posterior ao comité de dirección do PP do pasado venres, o señor Nuñez Feijóo mostrou a adhesión do seu partido a esta movilización e fixo un chamamento á participación na mesma.
Feijoo anunciou que nesta manifestación solicitará á Xunta que incremente a cuantía das axudas aos perxudicados pola vaga de lumes que asolou Galiza do 4 a0 14 de agosto. Segundo Feijoo a cidadanía necesita unha explicación do sucedido, cousa que impide a decisión de non poñer en marcha unha comisión parlamentaria de investigación sobre os ilumes. A movilización será "sosegada e democrática".
Lembrade onde lichedes a primicia informativa e recordade que Xornalaberto conta sempre coas mellores fontes e cos mellores infiltrados nos distintos epicentros informativos
Como Ben anunciou...
gracias taliban ortográfico (ou debo decir Pablo)pola túa corrección .....como desculpa dicir que a "v" e a "b" andan pegadas, polo menos no meu teclado. Un saúdo