Publicado por : Adycto 10 de setembro de 2006


Os domingos non son días para escribir, máis ben son días para leer. Cando chega o domingo gústame moito levantarme tarde, mercar os xornais e pasarme a mañá lendo os máis variados suplementos e os artigos de opinión máis insidiosos. Gústame ademais leer tomando un vermouth e unhas olivitas e, se é posible, comentando con alguén as novas que vou devorando. Sen embargo hoxe toca escribir.

Despois de leer varios artigos interesantes atopeime no País cunha nova que me fixo voltar a cabeza. O titular da mesma era "Contra la más mínima apología del porro" e o seu contido xiraba entorno a que, en Francia, con motivo do inicio do curso escolar, o Ministerio de Educación lanzou unha ofensiva contra calquera forma de apoloxía do porro. Dende ese día, os directores dos centros escolares están obligados a conminar aos estudantes a que quiten as camisetas, pendentes ou outros complementos que leven a imaxe da folla de cannabis. A medida paréceme moi esaxerada e, como Zapatero ten como modelo de conducta e comportamento ao país da guillotina, temo que pase o mesmo en España. Paréceme un claro atentado contra as libertades persoais que unha persoa non poda vestir unha determinada prenda de roupa ou un complemento porque teña a forma dunha folla de cannabis.

A orixe desta norma parte dunha guía editada polo Ministerio de Educación francés e insiste, con toda clase de detalles, en que non debe permitirse dentro dos colexios a menor apoloxía do "peta". "En caso de que alguénn porte T-shirts, complementos ou bisutería de fantasía (exemplo: pendentes) representando unha folla de cannabis ou cualquera outro mensaxe ou imaxe que presente o consumo de drogas baixo unha luz favorable, o director do establecimiento debe en primeiro lugar facer cesar a infracción. A continuación, convocará aos pais a fin de explicarlles a normativa e ponerlles frente as súas responsabilidades. A policía ou a xendarmería no será chamada salvo que o comportamiento delictivo persista", puntualiza a guía. Pois eu case que prefería que a policía intervise dende o principio. Ten que ser lamentable ver como un policía obriga a un rapaz a quitar unha camiseta mentres, noutro lado, alguén atraca un banco.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -