Publicado por : Adycto
11 de setembro de 2006
Durante o final dos anos 60 e principios dos 70, Marshall Mcluhan acuñou o término “aldea global” para describir a interconectividade humana a escala global, xenerada polos medios electrónicos de comunicación.Mcluhan non chegou a ver o fenómeno de Internet e tampouco o desenvolvemento dos ordenadores persoales e, sen embargo, foi o pai dun término sen o que, na actualidade, non se pode entender o mundo no que vivimos. A partir da definición de "aldea global" naceron outros términos como "globalización". A globalización a entendemos como un proceso que se impón debido á maior comunicación entre as diversas partes do mundo, levando prácticamente á superación das distancias, con efectos evidentes en campos moi diversos.
O día de hoxe (11-s) servirá para que moitos expliquen, a partir desta data, a situación mundial que estamos vivindo. As guerras iniciadas a partir do atentado das torres xemelgas, o posicionamento dos Estados Unidos, a política da "seguridade" contra o terrorismo, a nove orden mundial nacida dos atentados,etc. Eu, que non estou tan preparado como para facer este tipo de análise, sitúo esta data como o punto de partida mundial do proceso de globalización que vivimos. Todo o mundo desenvolto viviu os atentados de Nova Yorke á vez. Por primeira vez, unha noticia viviuse "en directo" en todo o mundo e, a partir desa data, a globalización cobrou o significado que, ata ese momento, só tiña a nivel teórico.
Cinco anos despois do terremoto xeopolítico vivido polo mundo, con epicentro en Nova Yorke, as cousas cambiaron bastanta aínda que non para mellor. O 11-s convertiuse, para máis dunha xeneración, nun punto de referencia semellante ao que, para outras xeneracións, significou o asesinato de Kennedy. Sen embargo, a diferencia doutras datas sinaladas como a mencionada, o coñecemento inmediato e "en directo" do atentado das torres xemelgas trouxo algo que, ata ese momento, so era coñecido a nivel teórico: a globalización do mundo.
Publicar un comentario