Publicado por : Adycto 26 de setembro de 2006


A Xunta de Galiza informa hoxe, a través da súa páxina web, de que o Instituto Cervantes incluíu o galego entre os idiomas que traduce o seu Servizo de Tradución Automática. Dende agora, calquera usuario pode solicitar a tradución gratuíta de textos e páxinas web do galego ao castelán e viceversa, entrando no enderezo de Internet www.cervantes.es. A ampliación ao galego entre o abano de idiomas que poden traducirse de forma automática enmárcase na política do Instituto Cervantes de apoio e difusión das linguas cooficiais en España, ademais do castelán.

O Tradutor Automático do Cervantes, que empezou a funcionar en xaneiro de 2005 e que está patrocinado por Telefónica, traduce textos e páxinas web do español ao inglés, francés, portugués e catalán, e viceversa. O próximo ano, ampliará os seus servizos ao español-euskera e euskera-español, co que terá cubertas todas as linguas cooficiais en España. Máis tarde se incluirán tamén o italiano, alemán, ruso, árabe e chinés.

Os usuarios realizaron máis de dous millóns de traducións dende a posta en marcha do Tradutor Automático. Actualmente este servizo realiza 240.000 traducións mensuais, que equivalen a máis de 100 millóns de palabras traducidas cada mes.O seu obxectivo é facilitar o acceso en español a aqueles contidos da Sociedade da Información que están desenvolvidos noutros idiomas, e que os falantes doutras linguas poidan acceder aos contidos que só estan dispoñibles en español.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -