Publicado por : Adycto 9 de agosto de 2006

O presidente do goberno, Rodríguez Zapatero, e o presidente Toruiño compareceron antes os medios de comunicación para, en palabras de Zapatero "asumir responsabilidades" e afrontar o "desafío" que supón a vaga de lumes que está a asolar Galiza. Na súa comparecencia, Zapatero comezou dicindo que está aquí para permanecer "ao lado dos galegos" nestes momentos e para "agradecer" a colaboración da cidadanía ante a situación que se está a vivir. Ademais, Zapatero asegurou que porá a disposición de Galiza "todos os medios necesarios" para a loita contra os lumes e anunciou axudas para os afectados.

Durante a súa comparecencia, Zapatero mostrouse convencido de que a coordinación entre a Xunta e Goberno Estatal estaba sendo boa e agradeceu a axuda que outras comunidades autónomas están prestando para tratar de solventar a crise que está padecendo Galiza. O presidente do goberno adiantou que, esta mesma tarde e mañá pola mañá, haberá diversas reunións de coordinación para tratar de mellorar, na medida do posible, o traballo de loita contra os lumes.

Pensando en futuro, Zapatero anunciou a creación dunha unidade militar de emerxencias, composta por 4.000 soldados e dotada dos mellores equipos e da formación máis axeitada, para a loita contra as emerxencias que poidesen ocorrer en todo o Estado. Afirmou ademais de que, o vindeiro ano, esta unidade podería estar xa funcionando ao 70% da súa capacidade.

Preguntado polos xornalistas sobre a postura da oposición nesta crise, Zapatero afirmou que a ve "ben" e que a oposición ten "dereitoa criticar", ainda que tamén a "colaborar e aportar ideas".

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -