- Atrás »
- LUME NOS AEROPORTOS E MANIFESTACIÓN EN SANTIAGO
Publicado por : Adycto
9 de agosto de 2006

Desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Adega, consideran que "este é un episodio máis que vén a demostrar, dende o noso punto de vista, a intencionalidade do lume e a profesionalidade maxistral con que se está a empregar esta intencionalidade", cualifican o acontecido de claro "boicot aos traballos de extinción" e insisten en denunciar o "terrorismo ambiental" que vive o país estes días, chamando á colaboración cidadá contra os incendiarios.
En outro orde de cousas, a concentración celebrada hoxe na cidade de Santiago de Compsotela contra a vaga de lumes que está a asolar Galiza contou cun importante respaldo da cidadanía, preto de 1.500 persoas, a pesares da improvisación da mesma. Na concentración, que rematou nunha manifestación que percorreu diversas rúas da capital de Galiza, estiveron presentes diversas agrupacións como a CNT, AIT ou NÓS-UP, así como moitas caras coñecidas da vida pública como Encarna Otero, Antón Reixa ou os actores Luis Zahera, Víctor Fábregas, Maribel Rivera ou Marcos Correa, entre outros.
Entre os documentos repartidos polas diversas asociacións había unha serie de esixencias ao goberno galego, entre as que destacan:
- Que se depuren as responsabilidades penais dos responsables da Xunta e concellos en canto á contratación das brigadas anti-incendios
- Relación das prioridades á hora de destiñar os escasos recursos cos que se contaba e explicación dos motivos
- Lexislación específica sobre as superficies queimadas onde se contemple expresamente a prohibición absoluta de repoboación con piñeiros e eucaliptos, así como a prohibición de instalar parques eólicos nos montes arrasados polo lume
-Penalización dos concellos cuios montes estean sen desbrozar e sen os preceptivos corta-lumes, independentemente de que sexa o propietario
Publicar un comentario