- Atrás »
- O TELÉFONO DA XUNTA
Publicado por : Adycto
9 de agosto de 2006
Vale que podo entender que, durante todo o día, o teléfono en defensa do monte galego (900 400 800) que durante toda a xornada de hoxe a Xunta de Galiza ten anunciado, comunicara. O que xa non podo entender é que este número, que en principio funcionaría as 24 horas do día, ás 18:15 horas de hoxe repita a seguinte mensaxe: "Está vostede chamando ao servizo de atención telefónico da Dirección Xeral do Voluntariado da Xunta de Galicia. O noso horario é, de luns a venres, de 10 da mañá a 6 da tarde. Para calquera consulta chámenos nese horario e estaremos encantados de atendelo".
Parece ser que, no tempo en que eu escribía isto, xa o amañaron porque agora, como durante todo o día, só comunica.
Publicar un comentario