Publicado por : Adycto 23 de agosto de 2006

Despois de varios días sen poder postear neste blog por diversos motivos, vos ofrezo, como compensación, un video montado por Xornalaberto con diversas imaxes publicadas nos medios de comunicación galegos durante a vaga de lumes que asolou Galiza hai uns días. O video conta coa colaboración do quinteto galego de música folc Pepe Vaamonde Grupo que cedeu, de xeito desinteresado, un dos temas do seu último traballo discográfico (Onde nace o vento) para acompañar as imaxes. O tema, concretamente, chámase "Protodanza".



Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -