Publicado por : Adycto
16 de agosto de 2006
A Consellería de Medio Rural fixo públicos hoxe datos provisionais sobre superficie queimada en Galiza durante a vaga de lumes que asolou o país dende o pasado 1 de agosto. Segundo estas cifras, que poden ter unha marxe de erro do 5% ata que se realicen as medicións oportunas, en Galiza arderon preto de 77.000 hectáreas. Coa cifra facilitada pola Consellería dirixida por Suárez Canal, estaríamos a falar de que, en 15 días, ardeu o 2,6% do total do noso territorio,ou, para que nos fagamos unha idea máis clara, a superficie queimada é a mesma que a da Illa da PALMA (Canarias) e a de FORMENTERA (Baleares) XUNTAS. Esta cifra de hectáreas calcinada en Galiza dista moito da mencionada polo candidato do PPdG á Xunta de Galiza, Alberto Nuñez Feijoo, que falou, hai uns días, de preto de 175.000 hectáreas queimadas (segundo datos consultados do proxecto Rapid Fire da NASA).
Para continuar con esta guerra de cifras, hai que dicir que o Centro Europeo de Información Forestal estima que os lumes superiores a 50 hectáreas queimaron en total en Galiza 86.232 hectáreas entre o pasado 31 de xullo e o 14 de agosto, segundo un comunicado da Comisión Europea. O cálculo deste organismo, baseado «na reproducción cartográfica dos lumes superiores a 50 hectáreas a través de imaxes obtidas por satélite», mostra que o terreo queimado en Galiza no que vai de ano incrementouse nesa quincena dende as 2.241 ata as 88.473, segundo este mesmo comunicado. Coa cifra de hectáreas queimadas mencionadas por este Centro poderíamos dicir que a superfice queimada en Galiza, este días, sería doa tamaño da Illa de LANZAROTE.
Publicar un comentario