- Atrás »
- Curiosidades , curioso »
- E DESPOIS DE PLUTÓN ¿QUÉ?
Publicado por : Adycto
24 de agosto de 2006

A Unión Astronómica Internacional (UAI) excluíu en Praga a Plutón como un planeta de pleno dereito do Sistema Solar, tras largas e intensas controversias sobre esta resolución. Coa decisión votada hoxe por unanimidade no pleno da XXVI asamblea xeneral de UAI redúcese o número de planetas no Sistema Solar de nove a oito. Os máis de 2.500 expertos de 75 países reunidos na capital checa recoñecen deste xeito que se cometeu un erro cando otorgouse a Plutón a categoría de planeta en 1930, ano do seu descubrimento.
De feito, a definición adoptada hoxe enche un vacío que existía neste campo científico desde os tempos del mítico astrónomo polaco Copérnico (1473 a 1543). A nova definición contempla tres grupos de planetas, o primeiro cos oito planetas «clásicos» -Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Neptuno, Saturno e Urano-, logo un segundo que son os asteroides e un terceiro grupo con Plutón y o novo obxecto UB313, descuberto o ano pasado. Plutón, descuberto hai 76 anos polo científico estadounidense Clyde Tombaugh (1906-1997), ten sido obxecto de disputa desde hai décadas, sobre todo debido ao seu tamaño, que foi reducido ano tras ano.
Outro argumento en contra de Plutón é a forma pouco ortodoxa da súa órbita, que ten unha inclinación non paralela á da Terra e aos outros sete planetas do Sistema Solar.
Publicar un comentario