Publicado por : Adycto 10 de agosto de 2006


Todos os santiagueses, de nacemento ou adopción, coñecemos o Pedroso e temos desfrutado nel de moitas e moi variadas boas experiencias. Excursións cando a primaveira comeza, tardes cos amigos, vistas da cidade cando veñen as visitas ou cando non estamos de humor para nada máis, recollida de cogumelos, etc. Hai uns días, algúns desalmados decidiron deixarnos a todos sen ese lugar tan querido da capital de Galiza e, cando o pensas, chegas a plantexarte de verdade todo o que está sufrindo estes días o noso país. A barbarie que se está a cometer nestes días en Galiza estános afectando a todos. Todos perdemos algo estes días. Algúns, coma min, tan só un lugar querido, outros, parte das súas propiedades, e incluso os hai que perderon A VIDA.



Non Podemos permitir que todo esto quede no
olvido. Por certo, o video recollinno do YouTube é e unha aportación de raulmarinho. Por certo, o director xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galiza, Rubén Cela, acaba de confirmar (19:50 h) que xa son máis de 1.600 os voluntarios apuntados a través do teléfono activado pola Xunta para a defensa do monte galego.

One Response so far.

  1. Mmm... sí que é verdade o das "boas experiencias" no Pedroso.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -