- Atrás »
- A "POLICÍA AUTONÓMICA" DETIVO A 2 PRESUNTOS INCENDIARIOS DA COMARCA DE SANTIAGO
Publicado por : Adycto
10 de agosto de 2006

Os detidos son: B.F.P.R., de 21 anos de idade, e a A.B.P., de 17 anos, veciños ambos da localidade de Castiñeiro do Lobo (Ames), e se lles considera os presuntos autores do incedio forestal, ocurrido o pasado día 7 de agosto, na parroquia de Figueiras (Santiago de Compostela).
Como consecuencia deste incendio, que se reproducíu en varias ocasións en días sucesivos, foron arrasadas centos de hectáreas nos montes de diversas parroquias pertencentes os concellos de Santiago de Compostela e Ames. A consecuencia do lume tiveron que ser desaloxadas ducias de vivendas polo gran perigo que supuxeron as lapas nas cercanías de distintos núcleos de poboación.
Os detidos pasarán a disposición xudicial unha vez que se rematen as dilixencias que se están a instruir por estos feitos.
Segundo os datos facilitados pola Xunta de Galiza son xa 15 as persoas detidas, no que vai de mes, como presuntos responsables de provocar lumes en Galiza.
Publicar un comentario