- Atrás »
- ÚLTIMOS DATOS: 115 LUMES ACTIVOS
Publicado por : Adycto
10 de agosto de 2006
Segundo os datos facilitados pola Consellería de Medio Rural a situación, ás 13:30 horas, da vaga de lumes que asola Galiza desde hai varios días é a seguinte: en Galiza había, segundo este informe, 115 lumes activos dos que 48 estaban controlados e 67 sen control. Por provincias, A Coruña sumaba 36 lumes (31 sen control e 5 controlados), Lugo 5 (2 sen control e 3 controlados), Ourense 10 (6 sen control e 4 controlados) e Pontevedra 51 (26 fora de control e 25 controlados). Como podemos ver, as provincias de Pontevedra e A Coruña seguen sendo as que están a vivir unha situación máis problemática e, se estudiamos os datos máis polo miudo, veremos como as zonas máis afectadas están entorno a concellos de amplo interés turístico como Santiago de Compostela, Pontevedra, Baiona, O Salnés, etc. ¿Será casualidade? (foto de Janet González)
Publicar un comentario