Publicado por : Adycto 30 de agosto de 2006


Hoxe foi o día elixido polo PP de Galicia para comezar a facer política, de xeito claro, coa vaga de lumes que asolou Galiza na primeira quincena de agosto e que significou unha auténtica catátrofe ecolóxica, medioambiental, ecocómica e social para o noso país. Esta mañá estaban convocados, para unha reunión cos conselleiros de Presidencia, Xosé Luis Méndez Romeo, e de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, os alcaldes das provincias de A Coruña e Lugo con máis de 100 hectáreas queimadas nos seus concellos, para falar sobre as medidas aprobadas pola Xunta e o Gobierno central, tralos lumes que arrasaron Galicia a primeira quincena de agosto. Ao inicio da reunión o alcalde do municipio coruñés de Boqueixón, Adolfo Gacio, leu un comunicado no que reclamaba á Xunta, concretamente ao conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, unha rectificación e unha desculpa polas declaracións de membros do BNG nas que acusaban ao PPdeG e aos seus alcaldes, de falta de colaboración e obstruccionismo na loita contra os lumes. Tras a lectura deste comunicado, e como non reciberon resposta dos responsables da Xunta, os alcaldes abandonaron a reunión (todos menos os alcaldes de Teo e Mazaricos que "se despistaron").

Xa pola tarde, ás 17:00 horas, a historia repetiuse na reunión que había prevista cos alcaldes das provincias de Pontevedra e Ourense con máis de 100 hectáreas queimadas nos lumes. Esta vez o portavoz foi o alcalde de Barro, José Antonio Landín Eirín, que leu o mesmo comunicado que os alcaldes que plantaron á Xunta pola mañan en Santiago, para obtener unha rectificación das críticas sobre a actuación dos edis populares denunciada polos nacionalistas.

REACCIÓNS

Encantaríame poder ofrecervos o comunicado leído polos portavoces do PP nas súas reunións pero, polo momento, non tiven forma de conseguilo. Canto o teña o colgarei completando esta nova.

Canto a reacións de Suárez Canal ao abandono dos alcaldes, o conselleiro de Medio Rural asegurou que «ningún membro do Goberno galego insultou a ningún alcalde», e insistíu en que hai que distinguir entre as declaracións políticas dos partidos, e as dos membros do Gobierno.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -