Publicado por : Adycto 31 de agosto de 2006


O BlogDay é o día dos blogueiros e ten sido creado para que os blogueiros coñezan outros blogueiros, doutros países e doutros centros de interese. O 31 de agosto, ou sexa hoxe, é o día no que os blogueiros dan a coñecer outros autores. Así, durante toda a xornada de hoxe, os blogueiros no mundo enteiro postearán un artigo recomendando 5 novos blogs, preferentemente blogs diferentes a súa propia cultura, punto de vista e posición. Aquí vai a miña selección (que a verdade non é moi internacional pero é o que hai).

Periodistas21 é un blog adicado aos medios de comunicación, á sociedade da información, eo xornalismo e ao mundo das ideas en xeneral. A min, a verdade, gustoume moito.

El Blog d`los Blogs é o blog de axuda definitivo da blogosfera. Un blog onde poderás resolver todas as túas dúbidas sobre como facer o teu blog máis práctico e atractivo. Neste blog podes atopar calquera cousa que lle queras meter ao teu blog.

Tinta y Lápiz é un espazo adicado á caricatura, ao comic, aos cartoons, á animación, á historieta e á ilustración en xeneral. Moi interesante.

Inmigrantes en España é un blog onde podes atopar toda a información que precises, detallada e obectiva, sobre o fenómeno da inmigración en España. Datos, normativas,situacións, etc.

O Refraneiro sei que, en principio, os blogs recomendados teñen que ser doutras culturas, intereses, etc pero, cando atopei este blog na rede, quixen dende o principio recomendalo. É un blog un blog adicado aos ditos populares, refráns ou como se lles quera chamar as sentenzas que conteñen tanta verdade que poden ser aplicadas ás situacións máis cotiás que vos pidades imaxinar...

2 Respostas ata o de agora.

  1. Muchas gracias por tomar a tintaylapiz dentro de tu lista de los blogs recomendados. Gracias un abrazo.
    Calbur.
    tintaylapiz.com

  2. Anónimo dí:

    Eu tamén quero agradecer que o meu pequeno caderno de lingua merecese ser nomeado e recomendado na túa páxina. Encantada de coñecela, por certo.

    Un saúdo.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -