Publicado por : Adycto 8 de agosto de 2006

Nun momento no que a unidade da cidadanía e da nosa clase política debería estar por riba de calquera cousa e, despois de que o señor Rajoy afirmase que era o momento de poñerse a traballar e non a facer política, unha vez máis, os nosos políticos dan mostra da súa capacidade para facer o contrario do que din.


Mentres as provincias de A Coruña e Pontevedra quedan asoladas pola praga de lumes que están machacando o nosos país, mentres a capital de Galiza permanece illada das localidades de Pontevedra e A Coruña (tanto pola estrada nacional como pola AP-9) por mor dos lumes que a sitian, mentres moitos cidadáns loitan hora tras hora contras os lumes que amenazan os seus fogares e as súas vidas, o presidente da Xunta durante os últimos 16 anos, o señor Fraga Iribarne, afirma que con gobernos «divididos» ou «bipartitos e tripartitos», como o que houbo ata hai pouco en Cataluña ou o que xestiona a Comunidade galega, «hai máis lumes» forestais.

Fraga demostra, unha vez máis, cal é o seu amor por Galiza e cales son as súas preocupacións nestes momentos de crise: tratar de sacar partido político a unha situación catastrófica como a que está pasando o país do que fora presidente durante os últimos 16 anos.

One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    Fraga morre xa e deixa de amolar¡¡¡¡

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -