- Atrás »
- EXPLOSIÓN NUNHA PIROTECNIA DE PADERNE
Publicado por : Adycto
8 de agosto de 2006
Grazas aos moitos corresponsais que Xornalaberto ten espallados por toda Galiza (neste caso Toño Cernadas), acabamos de enterarnos (posiblemente antes que ningún outro medio de información) que, hai uns intres, a Pirotecnia Areas S.L., situada no lugar de Areas, na parroquia de Adrafonte do concello de Paderne (A Coruña) ten sofrido unha forte explosión.
Polo momento descoñecemos a magnitude da mesma, así como os motivos que a provocaron. Tamén descoñecemos se houbo víctimas (supoñemos que non pola hora da explosión) pero si podemos confirmaros que a explosión sentiuse en toda a comarca e que, inclusive, no cercano concello de Betanzos tremeron os cristais de numerosas vivendas e locais comerciais. (A foto que acompaña esta nova é un recurso e non unha foto da explosión).
Hai menos de un mes que outra empresa galega do sector, Pirotécnia Calvo situada en Silván, Coristanco, sufrira outra explosión. Os pirotécnicos galegos configuran un sector baseado nos pequenos talleres, con algunha excepción, que non pasan dos tres ou catro empreados cada un. En total, preto de cen personas viven desta actividade nas 30 fábricas coas que conta a comunidade galega. Cada ano moven preto de seis millóns de euros, pois un taller pirotécnico pode facturar anualmente 180.000.
A meirande parte dos talleres naceron hai corenta años. Tras os anos máis duros da posguerra, a tradición de lanzar foguetes prendeu en Galiza e foi pasando de pais a fillos.
A Delegación do Gobierno as controla
As competencias en canto ás pirotecnias atañen ao Gobierno central, polo que o sector trata coa Delegación do Goberno as peticións de pólvora e mecha e é ela, xunto á Gardia Civil, quen realiza as inspeccións rutinarias.
Sen formación específica
A formación específica canto a material pirotécnico resulta nula, por iso, parte do sector reclama algún ciclo formativo. Na actualidade mantense o aprendizaxe nos talleres de forma artesanal, ao igual que a mediados do século pasado.
Publicar un comentario