Publicado por : Adycto 11 de agosto de 2006

Segundo podemos leer no xornal electrónico Vieiros, que por certo está a facer unha cobertura informativa da vaga de lumes que asola Galiza digna de todo recoñecemento, a Plataforma Nunca Máis volta de novo a carga e convoca, para o vindeiro domingo 20 de agosto ás 12:00 horas na alameda de Santiago de Compostela, unha manifestación que terá por lema "Lume Nunca Máis. Paremos o terrorismo incendiario. Por un cambio de rumbo nas políticas para os nosos montes".


Aínda que moitos dos membros da plataforma Nunca Máis estiveron presentes nas distintas concentracións que, de xeito espontáneo, se organizaron estes días en diversas cidades galegas para protestar pola vaga de lumes que sofre Galiza, moitos (por non decir tódolos) galegos estabamos a espera das iniciativas que esta plataforma cidadán organizase para centralizar nela a nosa repulsa aos actos de terrorismo incendiario que está a vivir o nosos país. Esperemos que a volta da plataforma Nunca Máis á escea social do país serva para facer un chamamento, todavía máis alto, á sociedade galega a mobilizarse activamente contra o terrorismo incendiario.

2 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    a ver si acaban de arder os eucaliptos e piñeiros, i escomezan cos molinillos, as casas e siguen cas persoas.
    asi podese escomenzar de cero.
    voluntarios para queimar, porque os que estivemos no prestige, nunca mais seremos voluntarios para nada.
    que vaian de voluntarios os parasitos da xunta, e agora todos os enchufados dos tres partidos basura, que vaian eles e o fascista fraga que vive en madri de todos nos, a real family que o pasa bomba navegando, e tamen como non o sr.nuñez alias "el mangueritas".
    ale a joderse.
    a roubar algunha subvencion mais non?

  2. Anónimo dí:

    Nunca mais, a el terrorismo incendiario, tienen unos cojones, y que hacemos con el terrorismo institucional, el primero Touriño, el segundo Quintana y el tercero Zapatitos todos terroristas.
    Se critico el pp por el prestis, (yo el primero contra el fascismo) y esto que, es igual de desastre, pero NUNCA MAIS no se moja el culo en criticar a sus propios miembros, al final todos son iguales y cortados por el mismo patrón, la plataforma NUNCA MAIS es una parte del Bloque utilizando una desgracia para su propio interés, en conclusión, es la faes del bloque.
    Anda e ir tomar todos po lo cu.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -