- Atrás »
- PASEANDO POLA CATÁTROFE
Publicado por : Adycto
14 de agosto de 2006
Durante a fin de semana non realizei ningunha entrada no blog porque, entre outras cousas, fixen unha viaxe por moitas das zonas máis afectadas polos lumes forestais tratando de facerme unha visión de conxunto do que estaba a acontecer na miña terra. A verdade é que o resultado desa pequena viaxe é desolador. Os que, coma min, permanecéchedes a pasada semana nun mesmo sitio, nunha mesma cidade, tedes complicado facervos unha idea de cal é a situación real, a pesares de leer os xornais, ver os telexornais ou ver fotos e artigos na rede. A situación é de catátrofe total. A zona da provincia de Pontevedra e, máis concretamente da capital da mesma, está totalmente arrasada polas lapas; o camiño entre a Santiago D.C. e a capital das Rías Baixas é un camiño entre cinzas e fume e, polo que parece, agora tócalle o turno a zona de Ourense. Como dato hai que dicer que, polo que parece, o 10% da provincia de Pontevedra ten sido arrasado polo lume.
Publicar un comentario