Publicado por : Adycto 16 de agosto de 2006

Compartindo a opinión expresada hoxe polo vicepresidente da Xunta de Galiza, Anxo Quintana, creo que estamos no momento de que os xuíces demostren que a Xustiza funciona no noso país. Pasado o peor momento da crise dos lumes en Galiza, chega o momento das valoraciósn políticas, das conclusións, das responsabilidades e da actuación dos xuíces.


O vicepresidente da Xunta asegurou hoxe, nunha visita a voluntarios do Teléfono en Defensa do Monte Galego en Forcarei, que estamos no momento da actividade dos xuíces. Quintana explicou que, superada a vaga de lumes que os días pasados afectou a Galicia, teñen que continuar as investigacións e propiciar máis detencións porque aínda hai moitos incendiarios que continúan en liberdade. O vicepresidente expresou a súa confianza plena á labor policial para que se produzan estas novas detencións e sinalou que agora é momento dos xuíces e de aplicar a lei. Quintana lembrou que dos case 30 detidos hai xa 10 persoas encausados e confiou plenamente no traballo dos xuíces para que esas persoas cumplan condeas “é algo que todos os cidadáns galegos esperan e que eu estou seguro que pasará”.

Pero ademais, o vicepresidente dixo que “este é o momento para facer unha actualización do código penal e tipificar con claridade o delicto de terrorismo forestal e aplicarlle as penas correspondente". Quintana dixo que non pode ser que hoxe haxa penas similares para os que queiman un monte e os que rouban un coche e por iso insistiu na necesidade de acometer unha reforma do Código Penal que cambie esta situación.

Na súa visita aos voluntarios en Forcarei o vicepresidente dixo ademais que o actual é momento da unidade, a xente o que nos pide neste momento é que estamos unidos para estar ao lado dos afectados. Quintana lembrou que moita xente pasou estes días de angustia e medo e sufriu graves quebrantos nos seus modos de vida “polo tanto temos que estar ao seu lado neste momento tan importante e para iso temos que ter a unidade de todas as forzas políticas”.

Para iso o vicepresidente fixo un chamamento á unidade e pediu especialmente ao PP “que cambie de actitude, que abandoe a política do resentimento”. Quintana lembroulles aos populares que “o resentimento é mal conselleiro e peor gobernante” e por iso pediulle á oposición que “escoite á xente que nos esixe que traballemos xuntos”. Os galegos, dixo o vicepresidente, piden agora unidade aos seus políticos “ e non esperan liortas innecesarias nin aproveitamentos políticos”. Quintana dixo ademáis que se crearán todas as comisións que sexan precisas no Parlamento galego para “traballar e buscarlle solución de futuro” ao problema dos incendios.

O vicepresidente da Xunta explicou tamén hoxe en Forcarei que o Goberno galego ten afrontado dende o primeiro momento o lume “coa verdade e con transparencia”, e esa vai a ser tamén a conducta de cara ao futuro, acrecentou Quintana. “Afrontamos o lume coa verdade e a transparencia na man e afrontamos as consecuencias do lume coa mesma verdade e a mesma transparencia”.

“Que ninguén se preocupe por iso”, sinalou Quintana, que lembrou que o Goberno galego asume toda a responsabilidade política “porque un goberno é responsable de todo o que acontece no país, o bo e o malo”.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -