- Atrás »
- A CHOIVA E A GUERRA DE CIFRAS
Publicado por : Adycto
16 de agosto de 2006
Mentres a choiva chega a Galiza para axudarnos a rematar cos lumes que asolan dende hai case que dúas semáns a nosa terra, os nosos políticos voltan a demostrar que están moi por debaixo da cidadanía deste país. Os distintos partidos políticos comezan a barallar as cifras da catátrofe natural que ten vivido o noso país e, como non podía ser doutra forma, non se poñen de acordo. Hai uns días, o partido popular cifraban en preto de 175.000 as hectáreas queimadas. En páxinas independentes, os cálculos falaban de 67.000 hectáreas e, a espera de que a Consellería de Medio Rural ofrezca datos oficiais, o presidente da Xunta adianta que son preto de 60.000 as hectáreas queimadas.
Como sempre, os partidos políticos tratan de sacar rédito a todo e, como non podía ser doutra forma, tamén tratarán de facelo co tema dos lumes. En vez de dar unha imaxe de unidade ante o que ten vivido o noso país estes días, durante as próximas horas e días asistiremos a unha dura guerra de cifras que soamente traerá desacougo e indignación a cidadanía dun país que coido que xa sufriu abondo.
Publicar un comentario