Publicado por : Adycto
28 de agosto de 2006

A pregunta que me fago, por outro lado, é qué tal lle sentaría ao PP de Pontevedra a imposición, por parte de Nuñez Feijoo, dun candidato de fora da cidade. Unha cidade, por outra banda, na que naceron tanto Mariano Rajoy, como o actual secretario xeral do PPdG, Alfonso Rueda, e que parece que non ten, dentro do PP, a ninguén capacitado para ser alcalde. En principio, parece que xente como Rivas Fontán reaccionará coa creación dunha lista independente, aínda que parece que as reacción non quedarán só niso e pode haber máis sorpresas.
Por outra banda, ¿cómo reaccionará a cidadanía pontevedresa ante o feito de que o PP presente como candidato a alcalde a un home que non é da cidade nen reside nela e que, ademáis, está plenamente vencellado ao mundo da construcción? A resposta en Maio deste ano.
Por certo, se o "Mirlo Branco" que vai acabar coa hexemonía de Lores en Pontevedra, non consegue ser alcalde ¿vai a estar 4 anos en Pontevedra facendo oposición ou marchará ao cabo de dous con calquera excusa barata?
Publicar un comentario