Publicado por : Adycto
29 de agosto de 2006
A partir do próximo día 1 de setembro en Galiza, como no resto de Comunidades Autónomas, completarase a entrada en vigor da Lei Antitabaco con medidas como a imposibilidade de ter zonas de fumadores naqueles locais hosteleros de máis de cen metros cadrados, que non teñan feito as obras adecuadas para separar a zona de fumadores e a de non fumadores. Ademais, a situación en Galiza complétase coa presentación, hai un mes, do borrador de Decreto da Xunta que desenvolve a Lei Estatal Antitabaco, que xenerou moitas críticas desde o sector hosteleiro e que contempla restriccións maiores cas da Lei Estatal como a prohibición de ter máquinas expendedoras en locais de menos de cen metros.
Independentemente de que considere que o que hai que facer é ser respetuoso cos outros (sexan fumadores ou non fumadores) a verdade e que, todo esto da Lei Antitabaco, prodúceme moitas dúbidas. Paréceme ben que se repecten os dereitos dos non fumadores (que ata o de agora eran inexistentes) pero gustaríame tamén que se mirase polos dos que somos fumadores. Os fumadores non somos delincuentes e, mentres o tabaco sega sendo un producto legal, para máis inri monopolio do Estado, creo que nos tamén temos dereitos e debemos poder mercar este producto e consumilo sen sentirnos perseguidos, aínda que, evidentemente, respectando os dereitos dos non fumadores.
SITUACIÓN EN GALIZA
En Galiza, segundo recolle hoxe a Voz, a maioría de locais hosteleiros de máis de cen metros, non teñen feito as obras co que, dentro dun par de días, terán que colgar nas súas portas os carteis de "Prohibido Fumar". A explicación que os hostelerios dan a non ter feitas as obras van, dende a "imposibilidade de adapatar os seus locais en tan só só 8 meses de plazo", ata as dúbidas que xeneran, segundo os hosteleiros, algúns apartados da Lei. As dúbidas das que falan son, por exemplo, qué facer con locais que teñen dúas licencias -cafetería e restaurante- que na lei computan como establecimentos separados -polo que non habería que facer obras- e sen embargo, segundo o novo decreto proposto pola Xunta, deberían facer reformas se suman entre os dous máis de cen metros.
XUNTA
Co seu decreto e, segundo a Consellería de Sanidade, a Xunta pretende ampliar os dereitos dos non fumadores; diminuír o consumo e a venda de tabaco; aumentar os espazos sen fume; e limitar a dispoñibilidade deste produto; e ofrecer aos fumadores un entorno libre de tabaco que poida axudar á súa deshabituación.
O texto proposto pola Administración galega foi remitido a principios de mes a un cento de colectivos e representantes dos distintos sectores representados. Abriuse, entón, o período de alegacións, que permanecerá aberto ata o vindeiro 31 de agosto, e logo terá que pasar os trámites propios de calquera regulamento de carácter executivo.
A Consellería de Sanidade explicou que non é posible que unha Comunidade Autónoma amplíe os prazos previstos por unha lei de ámbito estatal, e lembrou que o sector da hostalería xa tivo o seu período de adaptación desde o 1 de xaneiro deste ano. Incidiu, neste sentido, en que a ausencia dun desenvolvemento lexislativo en vigor non impide o cumprimento da lexislación estatal. De feito, a día de hoxe só dúas Comunidades Autónomas teñen publicado os seus decretos autonómicos.
A titular da Sanidade pública galega explicou que o 1 de setembro, os locais de hostalería de máis de 100 metros cadrados que non teñan a separación física sólida de carácter permanente dende o chan ata o teito do establecemento de xeito que garanta que o fume do tabaco non pase dun lado ao a outro, deberán prohibir o consumo desta substancia.
HOSTELEIROS
As críticas do sector hosteleiro ao novo Decreto da Xunta inciden nos aspectos relativos ás máquinas expendedoras de tabaco, á separación de espazos e aos sistemas de ventilación. Dos 17 artigos de que dispón o borrador dado a coñecer por Sanidade a principios deste mes, presentaranse alegacións a un total de 9. No tema das máquinas expendedoras, os hostelerios critican que moitos hosteleiros investiron entre 6.000 e 9.000 euros na compra de máquinas expendedoras de tabaco, permitidas na normativa estatal e que a Xunta quere prohibir
Publicar un comentario