Publicado por : Adycto 10 de agosto de 2006

Máis de 600 voluntarios galegos e doutras partes de España apuntáronse nas últimas 24 horas no Teléfono en Defensa do Monte Galego (900 400 800), habilitado onte por Vicepresidencia da Xunta, para participar no dispositivo contra o lume operativo en Galiza.

A Xunta informou nun comunicado de que, dende as 09:00 horas de onte, momento no que comenzou a funcionar este teléfono, as operadoras recibiron chamadas continuas dende Galicia, Madrid, Barcelona, Zaragoza, Huelva, Navarra, Castellón, Guipúzcoa ou Asturias.

Nas súas mensajes, os cidadáns quixeron "expresar a súa solidaridade, ofrecer colaboración, aportar información sobre lumes e pirómanos e, fundamentalmente, apuntarse como voluntarios nas tarefas de extinción de lumes.

Con este último obxectivo ofreceron a súa colaboración unhas 300 persoas entre as 22:00 horas de onte e as 07:00 de hoxe.

Por esto e de xeito inmediato, estes voluntarios se distribuirán en tarefas de vixiancia do monte en puntos nos que non se rexistran lumes e sempre alonxados dos lumes, agregou a mesma nota. Ademáis, se dedicarán a actividades de avituallamiento e loxística das brigadas que participan nas labores de extinción, así como á recuperación do monte queimado.

Entre os voluntarios rexistrados figuran persoas con ampla experiencia en extinción de lumes, como os Bomberos sen Fronteiras de Málaga, Protección Civil Candete de Albacete ou os Bombeiros do Aeropuerto de Barajas.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -