- Atrás »
- CUESTIÓN DE PAÍS
Publicado por : Adycto
6 de agosto de 2006
A praga de lumes que sigue asolando Galiza, e que invariablemente se repite ano tras ano, fai que sexa necesario unha reflexión da cidadanía en todo o país para, dunha vez por todas, afrontar de xeito definitivo un problema que, ademais dos irreparables danos persoais e materiais que produce, destrúe cada ano unha parte moi importante do noso patrominio e do noso "ben común".
A solución deste problema non está "únicamente" na man dos nosos políticos, das forzas de seguridade e da Xustiza. A solución deste problema debe comezar na actitude da cidadanía ante a orixe do problema: os responsables dos lumes. A pesar de que haberá que esperar a que as forzas de seguridade desvelen a causa de cada lume, estou convencido de que unha porcentaxe elevadísima dos mesmos son intencionados e é unha obriga moral da cidadanía a persecución dos delincuentes que os orixinan.
Independentemente do que fagan as autoridades, como galegos temos que afrontar a nosa responsabilidade e facer todo o que esté nas nosas mans para que os autores dos incendios paguen o prezo que o código penal vixente lles impón (e que pode chegar a 20 anos de prisión). É fundamental estreitar o cerco e dar cos responsables dos lumes e é IMPRESCINDIBLE denunciar aos culpables dos mesmos e tamén aos seus encubridores.
Agora fálase moito, por mor do novo estatuto, de cal é a denominación que hai que darlle a Galiza (país, nazón, rexión, comunidade, etc) pero, independentemente do que pensemos, está claro que somos un pobo e, como tal, debemos comportarnos no tema dos lumes. Cando Galiza tivo que soportar a catátrofe do Prestige, independentemente da súa posición ideolóxica, os galegos demostramos ser un pobo unido, forte e responsable. Coa problemática dos lumes temos que voltar a demostrar que somos un pobo unido, converter este tema nunha cuestión de país e non dar tregua a ninguén que poida estar vencellado aos lumes forestais.
A foto, por certo, é do fotógrafo Álvaro Ballesteros, e mostra a residencia oficial do presidente da Xunta en Monte Pío.
Había tempo que non estaba tan de acordo con algo
Tienes mucha razòn. Creo que es un problema de todos y entre todos tenemos que ponerles las cosas lo màs difìciles posibles a quienes con su mala fe intentan dejar Galicia sin un triste àrbol. Un saludo desde Gijòn. Juanma